lunes, 2 de abril de 2012

En el día del libro infantil y juvenil, de regalo un relato.

O Mundo aquel (por RuAn)

 Outeou dende o cumio...Estábache ben alto...dobrou o papel facendo un sinxelo avión e lanzouno con forza...unhas pequenas pedras rodaron pola pendente. Isto sería un bo final para unha sinxela historia, se non rematara de empezar. Moitos van dicir que foi unha conxunción astral...outros que un demo neghro se confabulou cun anxo para que acontecese todo e unha boa cantidade van dicir que non saben non contestan... Quen sabe o que aconteceu de certo. O neno baixou dun chimpo da randeirae tratou collelo pero, a forza que puxo en lanzalo foi tal, que caeu polo bordo do mundo e rematou noutro planeta. Se eu fora ese cativo, avíavos facer outro avión e a outra cousa...Pero como non che era eu, se non Breogán o de Lucho, para el o borde do mundo era un balado máis que saltar. E saltouno, e caeu, como quen di, media hora seguida...Nun principio tívose que acostumar a nova gravidade, inda que lle pareceu máis grave o que lle ía facer súa nai cando vira que estivera noutro planeta cos pes metidos ata os nocellos na auga. Ollou o que o rodeaba, todo éralle descoñecido, caeu nun planeta acuático onde as plantas crecían por riba da xente e o lonxe podíanse ver estranos animais, pero...onde andaba seu avión? Mentres Breogán andábache a procurar o que perdera, no mundo que deixara atrás, seguíache a vida como se tal cousa, o que a veces é moi difícil inda que a todos nos teña pinta de ser moi doado, probástedes algunha vez a rotar sobre voso propio exe mentres rotades o redor doutro obxecto...como por exemplo unha columna da catedral de Tui?(1) E nesas que andamos Breo topou o que procuraba. Para o seu mal aquelo non che tiña boa traza, cinco extraños seres verdes (como non podía ser doutro xeito sendo doutro planeta) vixiábana. De seguro na súa vida viran cousa tal, e se cadra nunca viran ninguén coma el así que pensou... - Se cadra nunca viron ninguén coma min- e volveu pensar -O mellor se me fago o tolo como fai meu pai cando ven o señor Marcial a pedir para as festas...arrédanse- E fixo o tolo, non como o seu pai, fixo un tolo moito máis histrionico e cun punto agresivo, pero que queredes, o rapaz inda non tivo tempo de aprender o método Stanislavsky . O certo é que para aqueles seres, ver un fulano, por moi cativo que fose, dando voces e poñendo cara rara mentres corría cara a eles, foi algo terrorífico e, escorrentados, comezaron unha desordenada fuxida afundíndose na auga, Intre que aproveitou o neno para coller velocidade e suvirse a sua nave. como xa dixen, no mundo que deixara atrás, seguíache a vida como se tal cousa, por o que a súa nai chamou por el, E Breo, saíu da pequena braña chea de rans onde levaban pastar as vacas xusto no intre en que un xacio tentaba collelo, a sua nai, morta facía un ano, sorriulle e desapareceu, e Breogán o de Lucho, seguiu cas súas cousas, por que, o cabo, o mundo nunca che e tan sinxelo como parece...e a el..un cativo...iso dáballe igual. 1- Eu si, e de certo que rematas por non saber onde esta o punto de gravidade, ata que en urxencias esplícancho ben claro; dous puntos e algunhas contusións.

4 comentarios:

robi pena dijo...

Felices Pascuas amigo, a toda la familia!! Que lo paseis muy bien, y cuidadin con el chocolate ... yo ya me fundi un conejo entero anoche ;-))) Muy bonita la ilustraciony el texto impresionante!! Es que me encanta leer en gallego!! Abrazos An!!

javi - facebook dijo...

Felices pascuas!!!excelente articulo esta muy buena la imagen..abrazos

Alexiev dijo...

Muy lindo regalo...

Saludos

http://www.alexiev.com.ar
Proyectos - Illustrations
Alexiev Store - venta de originales
@alexievg en twitter

RuAn dijo...

robi pena, pois moitas grazas, moi adiada a contestación, iso si . Prégoche desculpas. Logo nos vemos. Apertas para os catro.

javi - facebook, muchas gracias, un abrazo.

Alexiev, me alegro de que fuese de tu gusto. Arazos amigo, a ver si visito pronto tu casa virtual. Apertas.